Ir al contenido principal

Entradas

Aparcadoiro intelixente

 Outra colaboración entre departamentos e o club de ciencia foi o proxecto de aparcadoiros intelexentes. Aproveitando proxectos a medio rematar e os kits de robótica dos Polos creativos, fixemos un prototipo de aparcadoiro intelixente. Neste vídeo os rapaces e rapazas explican o seu funcionamento.
Entradas recientes

Cultivos hidropónicos

Outro proxecto que comezamos este curso, son os cultivos hidropónicos, estes cultivos poden facerse no interior das vivendas ou en invernadoiros. Son cultivos sen necesidade de terra, neles as raices das plantas están sumerxidas en auga que ten un aporte de nutrientes e sales. Empezamos a nosa plantación con fresas, conseguindo que se manteñan sans e crezcan ou florezcan pero non conseguimos froitos. O noso obxectivo e determinar as condicións para optimizar este tipo de cultivo.

Concurso da Maketa RME

O alumnado do club de ciencias traballou no  proxecto científico de rehabilitación de vivendas tradicionais galegas con enerxía pasivas e aeroxeradores con efecto Magnus. Este proxecto levámolo ao concurso da “Maketa” da universidade de Vigo. Obtendo un segundo posto cun premio de 150€. Coma non poidemos desprazarnos a Vigo, presentamos un vídeo no que explicamos as característica do proxecto e seguimos o concurso por videoconferencia. Hai que destacar que ademais de aplicar as enerxías pasivas en forma de parede vexetal, construimos o primeiro prototipo de aeroxerador con efecto Magnus, que ademais levamos aos Polos Creativos coa intención de mostrar os nosos traballos.

Concurso Supermatik

O club de ciencias do IES As Telleiras coa colaboración do departamento de matemáticas participou no  “Canguro Matemático”. Concurso internacional que fomenta a difusión da cultura matemática básica, o obxectivo é aumentar o entusiasmo por aprender matemáticas.  A proba realizouse simultaneamente en todas as comunidades o 16 de marzo de 9:00-10:15, e dicir durou 75 minutos. No noso centro a Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM) enviou todo o material para realizar a proba de forma presencial, un caderno con 30 preguntas tipo test e una folla de respostas, ademais dun regalo para cada un dos alumnos e  alumnas. Nesta proba participaron 16 rapaces e rapazas, 8 de 1º ESO e 8 de 2º ESO. O final da proba o centro deulles un vale para merendar a cada un dos participantes. A outra actividade na que participaron 15 alumnos, 7 de 1º ESO e 8 de 2º ESO, foi noutro concurso internacional, O SUPERTMATIK online, que é un xogo de cartas para practicar o ...

FLL 2023

 FIRST LEGO LEAGUE 2023 Nesta edición do famoso concurso de robótica a temática era a xestión da enerxía. Tratábase da nosa segunda participación, cun equipo formado por 8 rapazas e 2 rapaces, de primeiro da ESO a primeiro de bacharelato. Para a preparación do concurso que tivo lugar o primeiro sábado de marzo, adicamos 9 recreos semanais e o tempo despois de xantar dos martes.  A temática do noso proxecto en concreto foi o estudio das enerxías pasiva nas vivendas tradicionais, este estudio implicou moitas entrevistas a empresas e expertos no tema. O concurso de robótica tambén foi un gran reto, se ben levabamos preparado casi a súa totalidade da puntuación do taboleiro de reto pero logo no concurso non logramos o que pretendíamos de todos xeitos en todo momento estivemos na parte de arriba do marcador. Finalmente acadamos dous premios o Gabadi a "Excelencia en enxeñería" e o premio ao mellor entrenador. Reseñas: IES As Telleiras La Voz de Galicia COPE

A MAXIA DA ROBÓTICA

Este curso 22/23 volvemos a participar no concurso de Igaciencia "A maxia da robótica". Este obradoiro tivo lugar na Coruña, no centro Ágora.  O concrurso propón diferentes retos e problemas en relación coa robótica, os cales teñén que ser resoltos programando un robot Lego EV3; moitos son sinxelos pero van subindo de dificulatade, polo que o alumnado ten que afinar o seu inxenio. Os alumnos das Telleiras tiveron unha brillante participación, resolvendo moitos dos retos propostos. Todos quedaron moi satisfeitos dunha mañá robótica e festiva. Entrada na web de Telleiras Reseña na Voz de Galicia   No Concello da Coruña   No concurso participaron rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO, acadando un dos equipos o premio na categoría de 1º a 3º da ESO, o premio tivo unha dotación económica de 300€ e estivo subencionado polo Concello da Coruña, que organizou un acto de recollida dos galardóns.

ESTRUCTURA Y PROGRAMACIÓN

 En esta edición SUPERPOWERED FLL 2023 seguimos con nuestro robot EV3, ya que en la microLego fue el robot que consiguió más puntos. Seguramente que en sucesivas ediciones nos pasemos al Spike  programado en Python. El diseño es la segunda versión del robot CTRL T, que usamos en la edición pasada, los motivos: -Es un robot muy fiable en desplazamientos en línea recta y en los giros. Debido a que es muy rígido en su núcleo y presenta pocas holguras. -NO tiene tantas piezas como parece, algo más de 300. -Permite varios tipos de movimientos diferentes en todos los ejes, por lo que se adapta a diferentes tableros y misiones. -Admite todo tipo de sensores sin apenas cambios estructurales. -Se trata de un robot mejorado desde el diseño, ya que usamos Studio 2.0